From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha doenza conxénita é aquela que se manifesta dende o nacemento, xa sexa producida por un trastorno ocorrido durante o desenvolvemento embrionario, durante o parto, ou como consecuencia dun defecto hereditario.[1]
Doenza conxénita | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As exposicións a produtos químicos no medio ambiente poden prexudicar a función reprodutiva humana de moitas maneiras. Os sistemas reprodutivos masculinos e femininos son importantes sistemas de órganos, os cales son sensibles a numerosos axentes químicos e físicos. A ampla gama de resultados reprodutivos adversos inclúe unha redución na fertilidade, abortos espontáneos, baixo peso ó nacer, malformacións e deficiencias do desenvolvemento.
Moitos estudos atoparon que a frecuencia de aparición de certas malformacións conxénitas depende do sexo do neno.[2][3][4][5][6]
Por exemplo, a estenose pilórica ocorre máis a miúdo en homes, mentres que a luxación conxénita de cadeira é de catro a cinco veces máis probable en mulleres. Entre os nenos cun ril, hai aproximadamente o dobre de homes, mentres que entre os nenos con tres riles hai aproximadamente 2,5 veces máis mulleres. O mesmo patrón obsérvase entre os bebés cun número excesivo de costelas, vértebras, dentes e outros órganos que nun proceso de evolución sufriron redución, entre eles hai máis mulleres. A anencefalia prodúcese con aproximadamente o dobre de frecuencia nas mulleres.[7] A cantidade de nenos que nacen con 6 dedos é dúas veces maior que a cantidade de nenas.[8]
Ó redor do 3% dos recentemente nados teñen unha "anomalía física importante", o que significa unha anomalía física que ten un significado cosmético ou funcional. As anomalías conxénitas físicas son a principal causa de mortalidade infantil nos Estados Unidos, e representan máis do 20% de todas as mortes infantís.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.