División Bobrov
From Wikipedia, the free encyclopedia
A División Bobrov da Kontinental Hockey League é unha das catro divisións que conforman esta competición eurasiática de hóckey sobre xeo. Esta división foi creada na tempada inaugural da competición en 2008, e forma parte da conferencia oeste dende a segunda tempada, cando se estableceron as conferencias na competición. Recibe o seu nome en honor a Vsevolod Bobrov, o histórico medallista que gañou a medalla de ouro para a Unión Soviética e que xogou no CSKA e no VVS, ámbolos dous clubs da cidade de Moscova.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | athletic conference (en) |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Epónimo | Vsevolod Bobrov |
Organizador | Kontinental Hockey League |
Parte de | Conferência Oeste (pt) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2008 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Pechar