Distrito dos Lagos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Distrito dos lagos, tamén coñecido como os Lagos ou Lakeland, é unha rexión montañosa e parque nacional en Cumbria , Noroeste de Inglaterra. É famoso pola súa paisaxe, incluíndo os seus lagos, a costa e as montañas de Cumbria e polas súas asociacións literarias con Beatrix Potter, John Ruskin e os Lake Poets.
Distrito dos Lagos | |
---|---|
O macizo de Skiddaw, cidade de Keswick e Derwent Water visto desde Walla Crag | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Reino Unido |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, V, VI |
Inscrición | 2017 (41ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 422 |
As montañas de Cumbria, ou páramos, inclúen as máis altas de Inglaterra:[1] Scafell Pike (978 m.), Helvellyn (950 m.) e Skiddaw (931 m.). A rexión tamén contén dezaseis lagos principais.[2] Inclúen Windermere, que cunha lonxitude de 18 km. e unha área de 14,73 km² é o lago máis longo e maior de Inglaterra, e Wast Water, que con 79 m. é o lago máis profundo de Inglaterra.[3][4]
O Parque Nacional do Distrito dos Lagos creouse en 1951 e abrangue unha área de 2362 km², a maior parte da rexión.[5] Foi designado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2017.[6]