![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Binomial_distribution_pmf.svg/langgl-640px-Binomial_distribution_pmf.svg.png&w=640&q=50)
Distribución binomial
From Wikipedia, the free encyclopedia
A distribución binomial é unha distribución de probabilidade discreta que conta o número de éxitos nunha secuencia de n ensaios de Bernoulli independentes entre si, cunha probabilidade fixa p de que ocorra un éxito no ensaio.
Función de densidade![]() | |
Función de distribución![]() | |
Parámetros | |
Soporte | |
Función de densidade | |
Función de distribución | |
Media | |
Mediana | Un de |
Moda | |
Varianza | |
Asimetría | |
Curtose | |
Entropía | |
F. xeradora de momentos | |
Func. caract. |
Un experimento de Bernoulli caracterízase por ser dicotómico, é dicir, só ten dous posibles resultados. Un destes resultados denomínase éxito e ten unha probabilidade de que suceda p e o outro denomínase fracaso, cunha probabilidade q = 1 - p. Na distribución binomial o experimento repítese n veces, de forma independente, e trátase de calcular a probabilidade dun número determinado de éxitos. Para n = 1, a binomial convértese nunha distribución de Bernoulli.
Para representar que unha variable aleatoria X segue unha distribución binomial de parámetros n e p, escríbese:
A distribución binomial é a base do test binomial de significación estatística.