Dinámica de fluídos
subdisciplina da mecánica dos fluídos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinámica de fluídos é unha subdisciplina da mecánica dos fluídos (enténdase por fluídos tanto líquidos coma gases). A dinámica de fluídos ramifícase noutras disciplinas como o son: a aerodinámica e a hidrodinámica. A mecánica de fluídos ten un gran rango de aplicacións, incluíndo o cálculo das forzas e os momentos que ocasionan o movemento dos fluídos en problemas desde os máis cotiáns até os máis complexos. A palabra fluído inclúe á auga, ao aire, ás suspensións (que é a forma como se presentan algúns medicamentos), e tamén ao petróleo e os seus derivados. Así mesmo, a palabra dinámica inclúe o movemento xunto ás forzas causantes do mesmo.[1]
O estudo da dinámica dos fluídos ofrece unha estrutura sistemática para o seu estudo baseándose en leis empíricas e semi-empíricas. Estas leis envolven propiedades dos fluídos como o son: a temperatura, presión, densidade e velocidade e tamén funcións de espazo e tempo.