From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa de Trastámara foi unha dinastía real comezada por Henrique II de Castela. Os seus membros reinaron na coroa de Castela de 1369 até 1504, en Aragón de 1412 até 1516, en Navarra de 1425 até 1479 e en Nápoles de 1458 até 1501. A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que ostentara antes Henrique.
Casa de Trastámara | |
---|---|
Casa materna | Casa de Borgoña - Ivrea |
Fundador | Henrique de Trastámara |
Último gobernante | Xoana de Trastámara |
Fundación | 1366 / 1369 |
Disolución | 1555 |
Afonso XI, o pai de Henrique II, nomeouno conde de Trastámara e señor de Lemos e Sarria en Galicia, e das vilas de Cabrera e Ribera, que constituían un amplo e importante patrimonio no noroeste peninsular. Isto fíxoo xefe da nova dinastía Trastámara, xurdida da rama principal de Borgoña-Ivrea.
A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.
A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno das coroas de Castela e Aragón polos monarcas da casa de Habsburgo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.