Dinastía Rurícovich
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Dinastía Ruríkovich, tamén coñecida como Dinastía de Rúrik, Dinastía Rúrika e Dinastía Ruríkida (en ruso: Рю́риковичи, ucraíno: Рю́риковичі, belaruso: Ру́рыковичи) foi unha dinastía ucraína que gobernou territorios das actuais Rusia e Ucraína durante cerca de sete séculos, entre 862 e 1610, cando os Románov ascenderon ao poder do Imperio ruso, último trono ocupado polos Ruríkovich.
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A dinastía foi fundada polo príncipe varego Rúrik I,[1] que se estableceu en Nóvgorod ao redor do ano 862.[2] Desde 862 os Ruríkidas foron a dinastía gobernante do Rus de Kíiv e dos principados sucesores de Galicia-Volinia (desde de 1199), o Principado de Chernigov, o Principado de Vladimir-Suzdal e do Gran Ducado de Moscova, e os fundadores do tsarismo de Rusia. Son unha das casas reais máis antigas de Europa, con numerosas ramificacións.
A aguia bicéfala presente no brasón da dinastía representa o poder exercido pola familia tanto no Occidente como no Oriente.