![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4a/Dinah_Washington_1952.jpg/640px-Dinah_Washington_1952.jpg&w=640&q=50)
Dinah Washington
cantante estadounidense de rhythm and blues, jazz e blues / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ruth Le Jones, nada en Tuscaloosa (Alabama) o 29 de agosto de 1924 e finada en Detroit (Míchigan) o 14 de decembro de 1963, foi unha cantante estadounidense de rhythm and blues, jazz, blues, coñecida como Dinah Washington, considerada "a máis popular muller negra da música da década dos cincuenta".[1] Principalmente cantante de jazz, actuou e gravou unha ampla variedade de estilos, incluíndo blues, R&B e música pop,[1] e deuse a ela mesma o título de "Raíña do Blues".[2] Tamén foi coñecida Queen D ou Miss D.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ruth Lee Jones ![]() 29 de agosto de 1924 ![]() Tuscaloosa, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 14 de decembro de 1963 ![]() Detroit, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | sobredose ![]() |
Lugar de sepultura | Burr Oak Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Dinah Washington ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Grupo étnico | Afroamericano ![]() |
Educación | Wendell Phillips Academy High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante , músico de jazz , compositora de cancións ![]() |
Período de actividade | 1941 ![]() ![]() |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
Xénero artístico | Música pop e Blues ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Piano e voz ![]() |
Selo discográfico | Keynote Records (en) ![]() Roulette Records, Inc. Verve Records Mercury Records Apollo Records Philips ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Influíu en varias cantantes salientables da súa xeración, como Nancy Wilson, Esther Phillips e Diane Schuur. Dinah Washington expresou nas súas letras e concertos as aspiracións e decepcións da comunidade negra, sempre cun certo humor sardónico.
A orixe do seu nome é discutida; algunhas fontes indican que foi obra do director do Garrick Stage Bar, un dos clubs onde empezou a cantar; outras din que foi Lionel Hampton quen o escolleu.