From Wikipedia, the free encyclopedia
Dimitri Zinovievich Tiomkin, (en ruso, Дмитрий Зиновьевич Тёмкин, en ucraíno Дмитро́ Зино́війович Тьо́мкін), nado en Kremenchuk (hoxe en Ucraína) o 10 de maioxul./ 22 de maio de 1894greg. e finado en Londres o 11 de novembro de 1979 foi un compositor cinematográfico de Hollywood de orixe ucraíno.
Dimitri Tiomkin naceu no Imperio Ruso nunha familia de orixe xudía.[1] O seu pai, Zinovy Tiomkin foi un recoñecido patólogo e logo un líder sionista. A súa nai, Marie Tartakovskaya,[2] era música e comezou a ensinar piano a Tiomkin de moi novo.
Estudou no conservatorio de San Petersburgo con Felix Blumenfeld e harmonía con Alexander Glazunov, mentor de Sergei Prokofiev e Dmitrii Shostakovich.[3] En 1920, foi un dos principais organizadores de dous espectáculos de masas, o "Misterio do Traballo Liberado" e "O asalto do Palacio de Inverno".[4] Durante a súa etapa en San Petersburgo traballou tocando o piano en numerosos filmes mudos rusos.[3]
Debido a que a revolución diminuíra as oportunidades para os músicos clásicos en Rusia, marchou a Berlín para vivir co seu pai. Mudouse logo a París co seu compañeiro Michael Khariton para tocar xuntos dúos de piano. En 1925 o dúo recibiu unha oferta do produtor teatral Morris Gest para ir aos Estados Unidos e tocaron nos circuítos de vodevil acompañando a compañía de ballet da bailarina austríaca Albertina Rasch. Tiomkin e Rasch casaron en 1927.
Trala caída da bolsa de 1929 reducíronse as oportunidades de traballo en Nova York, polo que Tiomkin e a súa dona marcharon a Hollywood,[5] onde foi contratado para supervisar números de baile en musicais de MGM. O seu primeiro proxecto musical importante foi para Alice in Wonderland (1933).[6] A pesar de traballar nalgúns proxectos cinematográficos o seu obxectivo continuou a ser converterse pianista de concertos ata que rompeu un brazo en 1937 e decidiu concentrarse na composición de bandas sonoras.[7]
Acadou recoñecemento con Lost Horizon (1937), de Frank Capra. Ese ano converteuse en cidadán estadounidense.[8] Na seguinte década continuou a traballar en filmes de Capra.
Durante a súa carreira foi candidato ao Oscar en vinte e tres ocasións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.