![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Dirty_white_pseudomembrane_classically_seen_in_diphtheria_2013-07-06_11-07.jpg/640px-Dirty_white_pseudomembrane_classically_seen_in_diphtheria_2013-07-06_11-07.jpg&w=640&q=50)
Difteria
From Wikipedia, the free encyclopedia
A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axente[1]. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.
Difteria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e piares amigdalinos. | |
DiseasesDB | 3122 |
MedlinePlus | 001608 |
MeSH | D004165 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A difteria é unha enfermidade mortal entre o 5% e 10% das veces. En rapaces de menos de cinco anos e en adultos de máis de 40 anos, o índice de mortalidade pode chegar a alcanzar o 20%. Porén, é improbable a aparición dalgún caso de difteria na poboación occidental, aparecendo casos unicamente en países africanos, onde non teñen acceso á vacina DTPa.