![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Didier_aug_2014.jpg/640px-Didier_aug_2014.jpg&w=640&q=50)
Didier Drogba
futbolista marfilés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tébily Didier Yves Drogba (AFI: [didje dʁɔɡba]), máis coñecido como Didier Drogba, nado en Abidjan (Lagunes) o 11 de marzo de 1978, é un futbolista profesional internacional marfilés que xoga como dianteiro para o Montreal Impact da Major League Soccer.
Didier Drogba | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Tébily Didier Yves Drogba | ||
Nacemento | 11 de marzo de 1978 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Abidjan | ||
Altura | 1,88 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Montreal Impact | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
1989–1991 | Abbeville | ||
1991–1993 | Vannes | ||
1993–1997 | Levallois | ||
1997–1998 | Le Mans | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998–2002 | Le Mans | 64 | (12) |
2002–2003 | Guingamp | 45 | (20) |
2003–2004 | Marseille | 35 | (19) |
2004–2012 | Chelsea | 226 | (100) |
2012–2013 | Shanghai Shenhua | 11 | (8) |
2013–2014 | Galatasaray | 37 | (15) |
2014–2015 | Chelsea | 28 | (4) |
2015– | Montreal Impact | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
2002–2014 | Costa do Marfil | 104 | (65) |
Na rede | |||
http://www.didierdrogba.com | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 25 de febreiro de 2015[ editar datos en Wikidata ] | |||
Aínda que nado en Costa do Marfil, Drogba mudouse a Francia cando aínda era moi novo. Alí, comezou a súa carreira futbolística xogando en diferentes en equipos xuvenís, até que con 18 anos debuta como profesional nun partido da Ligue 2 co Le Mans. Porén, non sería até a tempada 2002-03 cando mostraría todo o seu potencial, anotando anotar 17 goles en 34 partidos co seu segundo equipo, o Guingamp da Ligue 1. Durante esa tempada, o 8 de setembro, Drogba foi chamado por vez primeira á selección de Costa do Marfil. Porén, non anotaría o seu primeiro gol internacional até febreiro do ano seguinte. Ao ano seguinte é contratado por un dos equipos máis laureados do fútbol francés: o Olympique de Marseille, nun traspaso valorado en 3,3 millóns de libras. No equipo marsellés converteuse rapidamente no principal goleador, terminando finalmente como o terceiro máximo anotador da liga con 19 goles. Tamén ese ano xogaría a Copa da UEFA, axudando ao Olympique a acadar a final da competición con seis goles.
Ao ano seguinte Drogba é traspasado ao Chelsea FC da Premier League despois de que o club londiniense pagase 24 millóns de libras, converténdose no futbolista marfilés máis caro da historia. Inmediatamente despois de chegar, converteuse no dianteiro favorito da afección, ao anotar goles decisivos na Community Shield e na final da Football League Cup e ao axudar ao Chelsea a conseguir o seu primeiro título da Premier. En 2006 Drogba consegue ser recoñecido como un dos mellores dianteiros do mundo, ao gañar o bicampeonato co Chelsea na e ao ser elixido capitán da selección do seu país. Precisamente coa súa selección xogaría ese verán no Mundial de Alemaña, onde a pesar de marcar un só gol, logo é elixido como Futbolista do Ano en África. Galardón que repetiría en 2009.
A nivel extradeportivo, Drogba foi recoñecido polo seu papel vital na batalla pola paz no seu país.[1] Despois de que Costa do Marfil se cualificase para a Copa Mundial de Fútbol de 2006, Drogba fixo unha súplica desesperada aos grupos rebeldes, pedíndolles que depuxesen as súas armas, unha súplica que foi contestada cun cesamento ao lume despois de 5 anos de guerra civil.[2] Posteriormente tamén lograría que o partido de clasificación para a Copa Africana de Nacións de 2008 entre Costa do Marfil e Madagascar se disputase en Bouaké, cidade onde se atopan algúns dos movementos rebeldes máis perigosos do país. Esta foi unha acción que reafirmou a loita pola paz nese país. Esta participación na loita pola paz no seu país fixo que fose elixido como unha das 100 persoas máis influentes de 2010 pola revista Time.[3]