Diabase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A diabase[1], tamén chamada dolerita[2] ou microgabro,[3] é unha rocha hipoabisal ou subvolcánica máfica, holocristalina, equivalente ao basalto volcánico ou ao gabro plutónico. Os diques e os sill de diabases son corpos intrusivos de pouca profundidade e a miúdo mostran unha textura de gran fino ou marxes de arrefriamento afaníticos que poden conter taquilita (vidro máfico escuro). Ás veces dependendo do contexto ou do país, o termo diabase aplícase só a basaltos e doleritas alteradas, mentres que dolerita se aplica nos demais casos, polo que en ocasións os termos son un pouco confusos.[1] Para evitar esta confusión moitos petrólogos prefiren usar como nome xeral microgabro.