![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/130919-Commerzbank-Arena-Europa-League.jpg/640px-130919-Commerzbank-Arena-Europa-League.jpg&w=640&q=50)
Deutsche Bank Park
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deutsche Bank Park, usualmente coñecido polo seu nome orixinal, Waldstadion, é un estadio de fútbol da cidade de Frankfurt, en Alemaña. Pertence ó club Eintracht Frankfurt, que xoga a Bundesliga. O primeiro Waldstadion foi inaugurado en 1925 e durante a segunda guerra mundial foi empregado en eventos políticos. En 1974, xogáronse tres partidos do mundial de 1974.
Deutsche Bank Park | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 50°04′07″N 8°38′43″L |
Localización | Frankfurt, Alemaña |
Nomes antigos | Waldstadion (1925–2005) Commerzbank-Arena (2005–2020) |
Construción | |
Inauguración | 21 de maio de 1925 |
Renovación | 1937, 1953, 1974, 2005 |
Arquitecto | Gerkan, Marg & Partner, Max Bögl |
Custo | 150 millóns de € |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 × 68 m |
Capacidade | 51.500 |
Propietario | Waldstadion Frankfurt |
Operadora | Eintracht Frankfurt Stadion GmbH |
Localía | Eintracht Frankfurt (1925– ) |
Web | https://www.deutschebankpark.de/ |
Eventos | |
Copa do Mundo de fútbol 1974 Copa Confederacións de 2005 Copa do Mundo de fútbol 2006 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten capacidade para 52.000 espectadores. Unha das súas características principais é un monitor central e o teito retráctil, para protección nos días de chuvia (que fallou na final entre o Brasil e a Arxentina da Copa de Confederacións de Fútbol de 2005) ou nos días de moita calor (como no encontro Corea do Sur e Togo, do mundial de 2006). Entre 2005 e 2020 o estadio chamouse Commerzbank-Arena após un contrato de patrocinio co dito banco, pasando posteriormente a adquirir o seu actual nome. Neste estadio xogáronse encontros do Mundial de Fútbol de 1974 e de 2006. Nesa última edición a súa capacidade foi reducida a 48.132 prazas.