Taklamakan
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O deserto de Taklamakan ou Takla Makan (en chinés: 塔克拉玛干沙漠; pinyin: Tǎkèlāmǎgān Shāmò; Xiao'erjing: تَاكْلامَاقًا شَاموْ; en uigur: تەكلىماكان قۇملۇقى; en dungano: Такәламаган Шамә) é un gran deserto de Asia Central, na Rexión Autónoma uigur de Xinjiang, na República Popular da China. É o segundo deserto de dunas de area máis grande do mundo (tras o do Rub al-Khalí), con dunas que oscilan entre 100 e 300 m de altura.
(zh-hant) 塔克拉瑪干沙漠 (mis) تَاكْلامَاقًا شَاموْ (mis) Такәламаган Шамә (ug) تەكلىماكان قۇملۇقى (zh-hans) 塔克拉玛干沙漠 | ||||
Tipo | deserto | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | República Popular da China | |||
| ||||
Bañado por | Yurungkax He (en) , Keriya He (en) e Qiemo River (en) | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 400 () × 1.000 () km | |||
Superficie | 337.000 km² | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 29 de xaneiro de 2010 | |||
Identificador | 5532 | |||
Medicións | ||||
Clima | cold desert climate (en) | |||
O nome é probablemente un préstamo ó uigur da palabra árabe tark, que significaría «abandonar, deixar só, deixar atrás», + makan, «lugar». Unha etimoloxía popular afirma erroneamente que Takla Makan significa «entra e nunca sairás», ou tamén «mar da morte».[1][2] Unha explicación alternativa deriva o topónimo da expresión túrca; taqlar makan ou sexa, "lugar de ruínas".[3]
Abrangue unha área de 270 000 km². Polo seu bordo setentrional e meridional atravésano dous ramais da ruta da seda. Os principais oasis son Kasgar, Yarkand (sobre o río Yarkand) e Jotán (Hetian), no suroeste; Kuqa e Turfán, no norte; e Loulan e Dunhuang, no leste. O río Yurungkash (río xade Branco), chamado así polos depósitos de xade que se atopan nel, atravesa este deserto.
Agás polo leste, está rodeado de altas montañas, polo que dende elas descenden ríos moi impetuosos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.