![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Rose-20190120_%2528cropped%2529.jpg/640px-Rose-20190120_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Derrick Rose
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Derrick Martell Rose, nado o 4 de outubro de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Tras ser elixido no draft en 2008, foi nomeado Rookie do Ano da NBA no ano 2009, converteuse en All-Star na súa segunda tempada, e aos 22 anos, en 2011, foi o xogador máis novo en ser nomeado MVP da Tempada da NBA, sendo o único xogar dos Bulls xunto a Michael Jordan en conseguir dito galardón.
![]() | |
Memphis Grizzlies – No. 23 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 4 de outubro de 1988 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 86 kg (190 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Simeon Career Academy (Chicago, Illinois) |
Universidade | Memphis (2007–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Chicago Bulls |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Chicago Bulls (2008–2016) New York Knicks (2016–2017) Cleveland Cavaliers (2017–2018) Minnesota Timberwolves (2018–2019) Detroit Pistons (2019–2021) New York Knicks (2021–2023) Memphis Grizzlies (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
|
Natural de Chicago, Rose aprendeu a xogar ao baloncesto xunto aos seus tres irmáns máis vellos. Gañou dous campionatos no instituto, e xogou para a Universidade de Memphis, onde chegou á final do campionato da NCAA. Pouco máis tarde declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, onde foi seleccionado polos Chicago Bulls.[1] No seu primeiro ano no baloncesto profesional foi nomeado Rookie do Ano[2] e elixido no mellor quinteto de rookies da NBA.[3] Na súa segunda tempada, foi elixido para o All-Star,[4] e tamén xogou coma titular no equipo nacional dos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIBA do ano 2010, onde gañou a medalla de ouro.[5]