Depression Cherry
From Wikipedia, the free encyclopedia
Depression Cherry é o quinto álbum da banda estadounidense de dream pop Beach House, publicado o 28 de agosto de 2015 a través dos selos Sub Pop, Bella Union e Mistletone. Foi co-producido polo grupo e Chris Coady e gravado no Studio in the Country en Bogalusa, Louisiana dende novembro de 2014 ata xaneiro de 2015. En resposta á súa insatisfacción de usar baterías ao vivo nos seus concertos da xira do seu anterior traballo, Bloom (2012), para Depression Cherry a banda volveu aos arranxos sinxelos, semellantes aos dos seus primeiros dous discos. "Sparks" foi editado como sinxelo principal o 1 de xullo.
Datos rápidos Depression Cherry, Álbum de Beach House ...
Depression Cherry | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Beach House | ||||
Publicado | 28 de agosto de 2015 | |||
Gravación | novembro de 2014 - xaneiro de 2015 | |||
Estudio(s) | Studio in the Country en Bogalusa, Louisiana | |||
Duración | 44:45 | |||
Xénero(s) | dream pop | |||
Selo(s) | Sub Pop, Bella Union, Mistletone | |||
Producido por | Beach House, Chris Coady | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
Depression Cherry foi situado no posto número 28 da lista de Pitchfork Media dos 50 mellores álbums do ano 2015.[1]