Deokhye de Corea, nada en Seúl o 25 de maio de 1912 e finada na mesma localidade o 21 de abril de 1989, foi a derradeira princesa do Imperio Coreano.
Nome orixinal | (ko) 이덕혜 (ja) 宗 徳恵 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de maio de 1912 Complexo de Palácios de Ch'angdokkgung, Corea do Sur (pt) |
Morte | 21 de abril de 1989 (76 anos) Complexo de Palácios de Ch'angdokkgung, Corea do Sur (pt) |
Causa da morte | doenza |
Educación | universidade Gakushūin |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Princesa |
Familia | Casa de Yi (pt) |
Cónxuxe | Takeyuki Sō (1931–1955), divorcio |
Fillos | Masae Sō |
Pais | Gojong da Coreia e Imperial Consort Gwiin Yang |
Irmáns | Prince Wanhwa Sunjong da Coreia Prince Yi Kang Yi Un |
Naceu no palacio Changdeok como a filla máis nova do emperador Gojong e a súa concubina, entón coñecida como Yang Gui-in. O emperador deulle o título de Boknyeong á nai cando pariu a princesa.[1][2] Pero o Xapón non a recoñeceu formalmente ata 1917, por non ser filla da raíña. Nese ano, inscribiron formalmente o seu nome no rexistro da familia imperial. Gojong estableceu no Palacio Deoksu unha gardería para ela á que tamén acudían rapazas da súa idade doutras familias nobres. A partir de 1921 Deokhye estudou na escola elemental Hinodae en Seúl. En 1925 as autoridades xaponesas levárona ao Xapón baixo o pretexto de continuar os seus estudos. Como os seus irmáns foi a Gakushuin, onde estudaba a nobreza xaponesa. Á morte da súa nai en 1929 puido volver a Corea para acudir ao seu funeral da súa nai. Nesa época tivo os primeiros síntomas de demencia precoz.
En maio de 1931 casou co conde Sō Takeyuki (武志; 1923-1985), nun matrimonio concertado cun aristócrata xaponés.[3] Tivo unha filla, Masae (正惠), ou Jeonghye (정혜) en Corea, o 14 de agosto de 1932. O ano seguinte Deokhye recaeu na súa enfermidade mental e pasou varios anos en clínicas de saúde mental.
Coa derrota do Xapón na segunda guerra mundial, Corea recuperou a súa independencia e o seu marido perdeu o seu título de nobreza, ao se abolir no Xapón. O matrimonio divorciouse en 1953. En 1956 perdeu á súa filla e a súa saúde mental resentiuse.
O 26 de xaneiro de 1962, despois de 37 anos,[4] puido volver a Corea. Viviu no palacio Changdeok, con outros membros da antiga familia imperial.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.