From Wikipedia, the free encyclopedia
Delfín Quishpe Apugllón, coñecido artisticamente como Delfín hasta el fin, nado en San Antonio de Encalado (Guamote, Chimborazo) o 28 de decembro de 1977, é un cantante, compositor e político ecuatoriano.[1] Foi alcalde do cantón Guamote dende 2019 até 2023, substituído por Miguel Marcatoma.[2] Coa súa carreira musical, Quishpe acadou sona na década de 2000 logo de popularizarse os seus videoclips musicais en YouTube,[3] mentres que no eido político tivo inconvenientes xudiciais, entre os que salienta o proceso aberto por parte da Fiscalía Xeral do Estado, por «presunto» tráfico de influencias e corrupción.[4][2]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Delfín Quishpe Apugllón 4 de decembro de 1977 (46 anos) Guamote, Ecuador |
Alcalde Guamote | |
15 de maio de 2019 – 1 de febreiro de 2023 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Delfin hasta el fin de los fines |
Residencia | Guamote |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | cantante, político, cantautor |
Período de actividade | 1997 - |
Partido político | Pachakutik |
Xénero artístico | Música andina (pt) , tecnocumbia (en) , Huaino (pt) e pop latino |
Instrumento | Voz |
A súa transcendencia en gran parte provén do carácter involuntariamente cómico da súa música. Os videoclips das súas cancións «Torres Gemelas» e «En tus tierras bailaré», xunto a La Tigresa del Oriente e Wendy Sulca, seguen sendo os que máis atención recibiron.[5] Ademais, el mesmo actúa cun estilo denominado por el como "tecno folclore andino".[3]
En 2011, realizou o seu videoclip «Todo hombre es un minero», dedicado aos 33 mineiros chilenos e foi nomeado como «Celebridade Web do Ano» na canle MTV Latinoamérica.[6] En 2012, participou na segunda emisión do YouFest, celebrado en Madrid.[7] Anos máis tarde, empezou a dedicar por completo á política e afiliouse ao partido indixenista Pachakutik, gañando os comicios en Guamote.[8]
Naceu nunha comunidade quechua, e principiou co seu labor musical desde coa composición de temas folclóricos. Traballa no ensino de instrumentos e sons tradicionais a rapaces da súa comunidade, e forma parte de conxuntos musicais e de danzas folclóricas como Revelación (1997), Sensación del momento (1998) e Jatun Ayllu (1999-2000).[9] En 2022, graduouse como tecnólogo en Promoción e Defensoría Social, egresado do Instituto Superior Tecnolóxico Jatun Yachay Wasi, en Balbanera, Colta.[10]
Publicou tres discos: El Faraón del Ritmo (2001), El Gallito (2003) e Torres Gemelas (2005).
A finais da década de 2010 decidiu dar un receso á súa carreira artística e afiliouse á partido Pachakutik. Delfín foi o candidato de devandito partido para a alcaldía do cantón Guamote, nas eleccións locais de Ecuador de 2019. Quishpe proclamouse vencedor logo de obter o 29,09% dos votos, sacando máis de cinco puntos ao seu competidor Carlos Guaraca (18,80%), obtendo 6.223 votos[11] e así dando o triunfo para o período 2019-2023.[12][13]
O 4 de xuño de 2020, a Fiscalía de Ecuador[14] violou as oficinas das dependencias municipais do Goberno Autónomo Descentralizado de Guamote, por «presunto» peculado na adquisición de desinfectantes no contexto da emerxencia sanitaria pola pandemia de COVID-19 en Ecuador. Quishpe,[15] aclarou o asunto e informou que:
Eu mesmo recibínos e procedín a abrirlles as oficinas; aquí non se agocha ren, a nosa administración está clara, estamos dispostos a colaborar con todo, sempre traballamos polo desenvolvemento do meu cantón.[15]Delfín Quishpe a través do Facebook Live da alcaldía de Guamote.
En 2021, Quishpe Apugllón impediu a caravana do daquela candidato presidencial Guillermo Lasso (presidente de Ecuador a partir dese ano) ao cantón onde ten xurisdición o alcalde. Despois pediu desculpas publicamente a través dunha carta ao político polo altercado.[16]
En 2023, é substituído como alcalde de Guamote polo candidato Miguel Marcatoma do partido de esquerdas Revolución Cidadá. Segundo o informe do Consello Nacional Electoral, Marcatoma reuniu 6.670 votos, o que equivale ao 26,39%.[17]
O 31 de maio de 2021, foi chamado a xuízo por Oswaldo Ruiz, presidente da Corte Provincial de Xustiza de Chimborazo, xunto a outras tres persoas, por «presunto» delito de tráfico de influencias. Segundo o xornal El Mercurio de Ecuador, elevou os prezos na compra de materiais de bioseguridade contra o COVID-19 e dita transacción favoreceu aos implicados con 96.608 dólares e mais o imposto ao valor engadido.[18][19] De ser condenado, podería enfrontar unha pena de 3 a 5 anos de cárcere.[20] A comezos de decembro de 2021, a Fiscalía de Ecuador acusouno a 5 anos de cadea por «presunto» tráfico de influencias e corrupción, aínda que seguiu como alcalde de Guamote, con presentación periódica ante a autoridade competente cada 15 días.[21][22]
Casou con Rosario Urquiza Coro e tivo dous fillos. Un deles, Luis Rolando Quishpe Urquiza, morreu en 2018 con quince anos de idade por mor da enfermidade de Crohn.[23][24]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.