Deinosuchus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Deinosuchus é un xénero extinto de crocodiliano relacionado cos aligátores que viviu hai entre 82 e 73 millóns de anos (Ma), durante o Cretáceo tardío. O nome significa "crocodilo terrible" e deriva das palabras do grego antigo deinos (δεινός), 'terrible' e soukhos (σοῦχος), 'crocodilo'. Os primeiros restos descubríronse en Carolina do Norte (Estados Unidos) na década de 1850; pero o xénero non foi descrito e nomeado ata 1909. Descubríronse máis fragmentos na década de 1940 e foron despois incorporados a unha reconstrución do cranio que tivo moita influencia, aínda que era inexacta, do Museo Americano de Historia Natural. Os coñecementos que se teñen de Deinosuchus son bastante incompletos, pero atopouse mellor material cranial nos últimos anos que aumentou os coñecementos científicos sobre este masivo predador.
Deinosuchus Rango fósil: Cretáceo tardío, 82 Ma-73 Ma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto reconstruído no Museo de Historia Natural de Utah | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Polyptychodon rugosus Emmons, 1858 | |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Aínda que Deinosuchus, cos seus 10,6 m de lonxitude máxima de adulto, é moito máis grande que calquera crocodiliano moderno, a súa aparencia global era moi similar á dos seus parentes menores. Tiña grandes dentes robustos adaptados para esmagar e crebar, e o seu dorso estaba cuberto de grosos osteodermos hemisfericos. Segundo un estudo, Deinosuchus podía vivir uns 50 anos, crecendo a unha velocidae similar á dos crocodilianos modernos, pero mantiña este crecemeto durante máis tempo.
Os fósiles de Deinosuchus atopáronse en dez estados dos Estados Unidos, como Texas, Montana, e moitos estados da costa leste, e tamén no norte de México. Vivía a ambos os lados do mar interior occidental que había en Norteamérica daquela, e era un superdepredador oportunista nas rexións costeiras do leste de Norteamérica. Deinosuchus acadaba os maiores tamaños no seus hábitats occidentais, pero as poboacións orientais eran as máis abondosas. Hai opinións diverxentes sobre se estas dúas poboacións representan especies separadas. Deinosuchus probablemente era quen de matar e comer dinosauros grandes. Tamén se podía alimentar de tartarugas mariñas, peixes, e outras presas acuáticas e terrestres.