Deidades primordiais da mitoloxía grega
From Wikipedia, the free encyclopedia
As deidades primordiais son unha serie variable de deidades que aparecen nas cosmogonías e teogonías da mitoloxía grega. Segundo os mitos, existiron nos inicios do mundo, xeralmente identificadas con elementos ou principios naturais.[1] Esas deidades son o grupo orixinal a partir do cal descenden tódolos demais deuses. Precederon ós titáns, descendentes de Gaia e Urano.