From Wikipedia, the free encyclopedia
Deep Impact, coñecida na súa misión estendida como EPOXI (acrónimo de Extrasolar Planet Observations / eXtended Investigation of comets) foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 12 de xaneiro de 2005 mediante un foguete Delta 7925 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
Deep Impact (posteriormente EPOXI) | |
---|---|
Deep Impact | |
Tipo | Sonda espacial |
Fabricante | Ball Aerospace, JPL |
Organización | NASA |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 12 de xaneiro de 2005, 18:47 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 7925[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo cometario e observación de planetas extrasolares.[1][2] |
NSSDC ID | 2005-001A |
Masa | 650 kg (nave principal), 370 kg (impactador)[1] |
Dimensións | 3,2 x 1,7 x 2,3 m[1] |
Potencia | 620 W[1] |
A misión orixinal de Deep Impact era atoparse co cometa Tempel 1 e lanzar un proxectil contra o seu núcleo para estudar os restos exectados, así como o efecto do impacto na súa superficie. A misión extendeuse para sobrevoar o cometa Hartley 2 e facer observacións astronómicas para o estudo de planetas extrasolares, pasando a denominarse EPOXI.[1][2][3]
Deep Impact era unha misión do programa Discovery da NASA, seleccionada como tal en xullo de 1999. Constaba de dous elementos:
Deep Impact foi lanzada o 12 de xaneiro de 2005 a bordo dun foguete Delta II (modelo 7295) e inxectada nunha órbita heliocéntrica. A nave achegouse a Tempel 1 en xullo de 2005, liberando o impactador o día 3 dese mes, a unha distancia de 880.000 km do cometa. O impacto tivo lugar ao día seguinte, 4 de xullo, ás 5:52 UTC, a unha velocidade relativa de 10,2 km/s, o que vaporizou ao instante o impactador, liberando unha enerxía de 19 gigajoules e exectando gran cantidade de material cometario ao espazo. A nave de sobrevoo atopábase a uns 10.000 km no momento do impacto, obtendo imaxes e espectros ata chegar a uns 700 km do cometa, momento no que se reorientou para protexerse mellor dos restos. A mínima aproximación a Tempel 1 foi de 500 km. Momentos máis tarde, pasada a zona de maior perigo, a nave volveu a orientarse para seguir estudando o cometa. O encontro tivo lugar a unhas 0,89 UA da Terra e a unhas 1,56 UA do Sol. O fin da misión primaria, cun custo de 240 millóns de dólares, tivo lugar en agosto de 2005.[1][2][3]
Coa nave principal en bo estado despois da misión primaria, a NASA proporcionou fondos (40 millóns de dólares en total) para estender os seus obxectivos. A nova misión tería dúas partes:
A nave sobrevoou tres veces a Terra (o 31 de decembro de 2007, o 29 de decembro de 2008 e o 27 de xuño de 2010) para poder redirixirse cara ao Hartley 2. Durante os sobrevoos fixo observacións científicas tanto da Terra como da Lúa.[1][2][3]
O contacto coa nave perdeuse a principios de agosto de 2013, despois de que un fallo de software a puxera a xirar sen control.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.