Deania é un xénero de tiburóns da orde dos escualiformes (Squaliformes) e familia dos centrofóridos (Centrophoridae) caracterizados por presentaren longos fociños. Comprende as 4 especies relacionadas a continuación.

Máis información Clasificación científica, Species ...
Deania
Rango fósil: mioceno temperán - actualidade [1]

Deania calcea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Centrophoridae
Xénero: Deania
D. S. Jordan & Snyder, 1902
Species
Véxase o texto
Pechar

Especies

Artigo principal: Zapata de bico.
  • Deania calcea (Lowe, 1839)
  • Deania hystricosa (Garman, 1906)
  • Deania profundorum (Smith et Radcliffe in Smith, 1912)
  • Deania quadrispinosum (McCulloch, 1915)

Deania calcea, a zapata de bico, é unha especie que vive nas costas do océano Pacífico ao redor de Honshu, Xapón, no sur de Australia, Nova Zelandia e Chile, e no océano Atlántico, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza (Suráfrica). >De corpo alngado, ten un fociño moi longo e estreito, dúas aletas dorsais longas e baixaas, con espiñas acanaladas e pequenas aletas pectoris, carecendo de aleta anal. Vive a profundidades de entre 73 e 1.450 m. É ovovivíparo, cun máximo de doce crías por camada. Aliméntase de peixes óseos e camaróns.

Deania hystricosa, a zapata lixa, ten un fociño aínda máis longo que a especie anterior. O seu tamaño tamén é algo maior (até 109 cm), e a súa pel é piel moi áspera. Habita no Atlántico leste ao redor da illa da Madeira e no oeste do Pacífico, ao sur do Xapón, e só se ten visto en contadas ocasións. Vive profundidades de entre os 600 e os 1.000 m. Ovovivíparo, probabelmente con camadas de 12 crías.

Deania profundorum, a zapata seta, é a especie máis pequena do xénero (máximo, 76 cm), e ten o longo fociño moiu afiado, como unha frecha (de aí os seus nomes vulgares). Propia de augas profundas (vive entre os 300 e os 1.785 m de profundidade), encontrándose no océano Pacífico ao redor de Filipinas, no Atlántico oriental ao longo da costa de África e nas costas surafricanas do Índico. Como as outras especies do xénero aliméntase de paixes óseos e crustáceos, e é ovovivíparo, con de 5 a 7 crías por camada.

Deania quadrispinosa encóntrase no Atlántico (costas de Namibia), no Índico (costas de Mozambique) e no Pacífico sur, fonte Australia, a profundidades de entre 150 e 732 m. Algo maior que os seus conxéneres (até 114 cm), ten o fociño aínda máis longo que a zapata de bico, caracterizándose polo seu dorso de cor parda escura e pola presenza de espiñas pequenas e velenosas nas aletas dorsais.

Galería de imaxes

Mapas de distribución

En Galicia

Nos mares próximos ás costas galegas está citada a especie Deania calcea.[2][3] Ningún destes autores dan un nome popular galego para esta especie, pero si o fan Lahuerta e Vázquez,[4] que lle adxudican o de zapata de bico e, como sinónimo, zapata paxariño.[5] Ademais, mestes autores tamén lles adxudican nome galego ás especies D. hystricosa (zapata lixa) e D. profundorum (zapata seta).[4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.