Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
David McDowell Brown foi un astronauta estadounidense que participou na misión STS-107, na que faleceu ao desintegrarse o transbordador espacial Columbia durante a reentrada atmosférica. Pasou un total de 15,93 días no espazo.[1][2]
Brown naceu o 16 de abril de 1956 en Arlington, Virxinia. Estaba solteiro e era graduado en bioloxía pola Facultade de William e Mary en 1978 e en medicina pola Escola de Medicina de Virginia Este en 1982.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en abril de 1996 e tras dous anos de adestramento e avaliación pasou a ser especialista de misión. Faleceu xunto co resto da tripulación durante a súa primeira e única misión, a STS-107 do transbordador Columbia, cando o vehículo se destruíu durante a reentrada atmosférica, o 1 de febreiro de 2003.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.