![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/David_Lovering_edited.jpg/640px-David_Lovering_edited.jpg&w=640&q=50)
David Lovering
músico estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
David Lovering, nado en Burlington (Massachusetts) o 6 de decembro de 1961, é un músico e ilusionista estadounidense. É coñecido sobre todo polo seu traballo como batería na banda de rock alternativo Pixies, á cal se uniu no ano 1986. Despois da separación do grupo en 1993 Lovering tocou a batería en varios proxectos, coma The Martinis, Cracker, Nitzer Ebb e Tanya Donelly. Tamén ten unha carreira de ilusionista onde é coñecido coma The Scientific Phenomenalist; realizando experiementos científicos no escenario. Cando os Pixies reuníronse no 2004 Lovering volveu como o seu batería.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1961 ![]() Burlington, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Wentworth Institute of Technology (en) ![]() Burlington High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico , batería , mago ![]() |
Período de actividade | 1986 ![]() |
Xénero artístico | Rock alternativo ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Batería ![]() |
Páxina web | davidlovering.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A súa primeira batería foi unha Gretsch e usouna durante o primeiro ano que estivos cos Pixies. Reemprazouna por unha Tama Artstar II despois de Come on Pilgrim. Esta foi substituída por unha Pearl e na actualidade toca cunha Gretsch[1].