From Wikipedia, the free encyclopedia
Darth Maul é un personaxe ficticio da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias. Aprendiz de Darth Sidious, é formado por este até chegar a ser un Lord Sith. Como arma nos combates porta un sabre de luz de dobre folla. É un personaxe antagónico no filme Star Wars Episode I: The Phantom Menace e na serie animada Star Wars: The Clone Wars, así como tamén en diversos libros, novelas e banda deseñada sobre a temática relacionada coa saga de Star Wars.[1][2]
O deseño do personaxe correu a cargo do ilustrador e artista conceptual Iain McCaig en base ó comentario de George Lucas no cal Darth Maul debería ser un personaxe que reflectise o seu «peor pesadelo».[3] As características faciais estiveron inspiradas nunha mestura de cores e formas vistas nas pinturas faciais dalgunhas tribos africanas, caras esfoladas, patrón dos circuítos, a simetría bilateral e figuras vistas no test de Rorschach.[4] Aínda que nun principio estaba contemplado que o personaxe tivese plumas, o supervisor de efectos especiais Nick Dudman interpretounas como cornos.[5]
No filme do ano 1999 Star Wars Episode I: The Phantom Menace, o personaxe estivo representado polo experto en artes marciais Ray Park e a voz a cargo de Peter Serafinowicz.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.