![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/Screenshot_of_darktable_1.6%252C_darkroom_view%252C_en_US.png/640px-Screenshot_of_darktable_1.6%252C_darkroom_view%252C_en_US.png&w=640&q=50)
Darktable
tratamento de imaxes raw / From Wikipedia, the free encyclopedia
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Datos rápidos Desenvolvedor(es), Publicación inicial ...
darktable | |
---|---|
![]() | |
![]() Pantalla darktable 1.6 | |
Desenvolvedor(es) | Johannes Hanika |
Publicación inicial | 2009 |
Última versión | 3.2.1 (10 de agosto de 2020) |
Repositorio | github |
Escrito en | C e GTK+ |
Sistema operativo | Windows, Mac, FreeBSD, Linux, Solaris |
Lingua/s | ![]() |
Tipo | Editor de imaxes |
Licenza | GNU General Public License 3 |
Sitio web | darktable.org |
Pechar
É unha aplicación de software libre (dispoñible baixo a licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, Windows, Mac OS) e que conta cunha comunidade de usuarios extensa. A interface de Darktable está dispoñible en 21 idiomas.[1]