Dark (serie de televisión)
serie de televisión alemá / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dark é unha serie de televisión alemá creada por Baran bo Odar e Jantje Friese.[1][2][3] Está ambientada na vila ficticia de Winden, Alemaña, e conta as consecuencias da desaparición dun neno que expón os segredos e as conexións ocultas entre catro familias mentres desentrañan lentamente unha sinistra conspiración de viaxes no tempo que abrangue tres xeracións. A través da serie, Dark explora as implicacións existencias do tempo e os seus efectos na natureza humana.
Formato | Sobrenatural, drama, terror e misterio |
---|---|
Creado por | Baran bo Odar Jantje Friese |
Desenvolvido por | Wiedemann & Berg Television |
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Apparat |
País de orixe | Alemaña |
Lingua(s) | Alemán |
Temporadas | 3 |
Episodios | 26 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | Baran bo Odar Jantje Friese Quirin Berg Max Wiedemann Justyna Müsch |
Duración | 45–57 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 4K (Ultra HD) |
Primeiro episodio | 1 de decembro de 2017 |
Derradeiro episodio | 27 de xuño de 2020 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/dark e https://darknetflix.io/en | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a primeira serie orixinal de Netflix en lingua alemá, e estreouse en streaming o 1 de decembro de 2017. A primeira tempada recibiu unha boa acollida da crítica e do público. Comparouse positiva e negativamente con outra serie feita por Netflix, Stranger Things.[4][5][6] Netflix encargou unha segunda tempada, que se estreou o 21 de xuño de 2019 e conseguiu a aclamación da crítica.[7][8] A serie continuou cunha terceira e derradeira tempada.[9] A rodaxe comezou a finais de xuño de 2019.