![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Protein_DGCR8_PDB_1x47.png/640px-Protein_DGCR8_PDB_1x47.png&w=640&q=50)
DGCR8
From Wikipedia, the free encyclopedia
A subunidade DGCR8 do complexo microprocesador (iniciais en inglés de DiGeorge syndrome chromosomal [ou critical] region 8, ou "síndrome de DiGeorge cromosómica [ou crítica] rexión 8") é unha proteína que nos humanos está codificada no xene DGCR8 do cromosoma 22, que colabora no procesamento de miARN durante a interferencia de ARN.[1] Aínda que en mamíferos o nome que se lle dá é DGCR8, noutros animais como os organismos modelo Drosophila melanogaster e Caenorhabditis elegans, esta proteína coñécese co nome de Pasha (colaboradora de Drosha).[2] En todos eses animais é un compoñente necesario da vía de interferencia de ARN.
![]() | |
PDB 1x47 | |
subunidade do complexo microprocesador DGCR8 | |
Identificadores | |
Símbolo | DGCR8 |
Símbolos alt. | C22orf12; DGCRK6; Gy1; pasha |
Entrez | 54487 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001177255 |
UniProt | Q8WYQ5 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 22 :(20.08 – 20.11 Mb) |