From Wikipedia, the free encyclopedia
Día (en grego Δíα) é unha illa situada a algúns quilómetos ao norte de Candia, a capital de Creta. A illa, actualmente está deshabitada, e é unha reserva de cabras salvaxes. Administrativamente, Día forma parte da comunidade de Elaia dentro da unidade municipal de Gouves, unidade rexional de Heraklion, no municipio de Elias.
Δία (el) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | Administración descentralizada de Creta | |||
Periferias | rexión de Creta | |||
Unidades periféricas | Heraclião (pt) | |||
Concello | Hersonissos Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 0 (2011) (0 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 11,909 km² | |||
Medición | 4,5 () × 6 () km | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
De forma vagamente cuadrangular, a illa ten unha lonxitude de 6 km e unha anchura de 4´5. Cunha superficie de 12 km², é a illa máis grande do litoral cretense.
O illote parécese a un lagarto xigante cando se ve desde a cidade de Heraklion. Tamén conta unha lenda que un lagarto xigante tratou de destruír a illa de Creta, pero Zeus converteuno en pedra cun raio, creando así a illa.
Segundo a mitoloxía grega, Teseo faría escala alí logo de matar ao Minotauro. Alí abandonou a Ariadna antes de partir cara a Atenas.
A illa era coñecida anteriormente como Standia, por perda conxuntura na frase στήν Δία.
Foi o principal porto de Creta durante séculos.[1]
Hai importantes vestixios da época minoica, o que podería facer pensar que Día era un centro importante.
Día é parte da Rede Europea da Natureza (Rede Natura 2000) e é un coto de caza para investigación.[2]
En 1976, Jacques Cousteau levou a cabo a exploración submarina ao redor de Día e atopou restos dun antigo porto nas augas entre Heraklion e Día.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.