Córvidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos córvidos (Corvidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos Corvida e superfamilia dos corvoideos.[1]
Máis información CórvidosCorvidae Rango fósil: Mioceno medio - Actualidade, Clasificación científica ...
Córvidos Corvidae Rango fósil: Mioceno medio - Actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvo grande (Corvus corax), a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Distribución da familia. | |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
Pechar
Actualmente (2021) 133 especies están incluídas nesta familia.[2]
Polo xeral teñen un tamaño medio maior que as das outras familias de paseriformes; de feito, a familia inclúe a algunhas das máis grandes especies da orde.
Os córvidos mostran unha intelixencia notábel para animais do seu tamaño, e están entre as aves máis intelixentes estudadas até agora. Unha revisión de 2004 suxeriu que a intelixencia dos córvidos é comparable á dos homínidos non humanos (chimpancés, orangutáns e gorilas) en termos de cognición social, razoamento causal, flexibilidade, imaxinación e prospección.[3]