Cíes
arquipélago na ría de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona[2][3][4][5][6][7], forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas.[8]
Illas Cíes | |
---|---|
Illa de San Martiño (ou illa do sur). | |
Situación e mapa topográfico das Illas Cíes | |
Situación | |
País | Galiza |
Provincia | Pontevedra |
Arquipélago | Illas Cíes |
Mar | Atlántico |
Coordenadas | 42°13′24″N 8°54′14″O |
Xeografía | |
Superficie | 4,4635 km² |
Longura máxima | 7,1 km |
Largura máxima | 2,0 km |
Punto máis alto | 197 msnm, Alto das Cíes |
Distancia a terra | 2,75 km |
Demografía | |
Capital | Vigo |
Poboación | 4 (vixilantes en 2022)[1] |
Densidade | 0 hab./km² |
As Cíes foron declaradas parque natural en 1980, e desde o 1 de xullo de 2002 forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Rede Natura 2000.[9][10][11][12] O arquipélago destaca polos seus cantís e dunas, a súa flora de costa e os seus endemismos, como Armeria pungens, e polas colonias de aves mariñas, como as dos corvos mariños.[13]