Cérbero
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Cérbero[1], era o garda das portas do Hades (o inframundo grego), asegurando que os mortos non puidesen saír e que os vivos non puidesen entrar. Era fillo de Equidna e Tifón, e irmán de Ortro. A existencia dun can infernal na entrada dos infernos parece ser que xa estaba presente na mitoloxía indoeuropea orixinal, pois aparece nos mitos doutros pobos indoeuropeos, como é o caso do can Garm na mitoloxía escandinava.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cérbero (homónimos).
Tiña a forma dun can con tres cabezas e cunha serpe por rabo, ademais dun número incontable de cabezas de serpe nas súas costas.
"Como duodécimo traballo ordenóuselle traer do Hades a Cérbero. Tiña este tres cabezas de can, a cola de dragón e no seu lombo cabezas de toda clase de serpes".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica II, 5, 12)