As células xigantes de Langhans (tamén chamadas células de Pirogov-Langhans [1]) son células grandes que se encontran en enfermidades que producen granulomas (nódulos con macrófagos e microbios, que se forman en tecidos inflamados).
Orixínanse pola fusión de células epitelioides (macrófagos), e conteñen moitos núcleos dispostos formando un patrón de ferradura de cabalo na periferia da célula.[2]
Aínda que tradicionalmente a súa presenza estaba asociada coa tuberculose, non son específicas desta doenza nin de infeccións por micobacterias, xa que poden atoparse en case calquera forma de enfermidade granulomatosa, independentemente da súa etioloxía.
No caso da tuberculose parece que todas as especies de micobacterias inducen a formación de granulomas, pero só as da especie Mycobacterium tuberculosis desencadean a fusión dos macrófagos en células xigantes multinucleadas de Langhans, que non poden fagocitar á bacteria, por iso esta persiste moito tempo nos granulomas.[3]
As células xigantes de Langhans recibiron ese nome polo seu descubridor, o patólogo alemán Theodor Langhans (1839–1915).[4]
Non deben confundirse coas células de Langerhans, de nome parecido.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.