![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Antigen_presentation.svg/langgl-640px-Antigen_presentation.svg.png&w=640&q=50)
Célula presentadora de antíxenos
célula que expón os antíxenos na súa superfice celular / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha célula presentadora de antíxenos (xeralmente abreviada como CPA ou como APC, polo seu nome inglés antigen-presenting cell) é unha célula que expón os antíxenos (alleos ou propios) na súa superfice celular formando complexos coas moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. Os linfocitos T poden recoñecer estes complexos contactando coa célula presentadora por medio do seu receptor de células T (TCRs). A presentación de antíxenos é fundamental para o funcionamento do sistema inmunitario. As células presentadoras deben procesar os antíxenos no interior da célula antes de presentalos ás células T.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Antigen_presentation.svg/640px-Antigen_presentation.svg.png)
- Véxase tamén: Presentación de antíxenos.