![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Cyrus_McCormick_engraving.png/640px-Cyrus_McCormick_engraving.png&w=640&q=50)
Cyrus McCormick
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cyrus Hall McCormick, nado en Shenandoah Valley (Virxinia) o 15 de febreiro de 1809 e finado en Chicago o 13 de maio de 1884, foi un inventor estadounidense, fundador da empresa McCormick Harvesting Machine Company, que se converteu en parte de International Harvester Company en 1902.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1809 ![]() Beaupréau, Francia ![]() |
Morte | 13 de maio de 1884 ![]() Chicago, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | Ictus ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio Graceland 41°57′36″N 87°39′40″O ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Emprendedor ![]() |
Ocupación | inventor , activista pola paz , empresario , xornalista , emprendedor ![]() |
Membro de | |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Nancy Fowler McCormick (1858–1884) |
Fillos | Harold Fowler McCormick (en) ![]() ![]() ![]() |
Pai | Robert McCormick ![]() |
Irmáns | William Sanderson McCormick e Leander J. McCormick ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
McCormick foi considerado de xeito simplista como o inventor único da segadora mecánica. Porén, foi un dos varios enxeñeiros de deseño que produciron modelos con éxito na década de 1830. A súa obra construíuse sobre máis de dúas décadas de traballo por parte do seu pai, Robert McCormick Jr., ademais de coa axuda de Jo Anderson, escravo propiedade da familia.[2] Tamén desenvolveu con éxito unha empresa moderna, que fabricada, empaquetaba e vendía os seus propios produtos.[3]