escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Savinien Cyrano de Bergerac, nado en París o 6 de marzo de 1619 e finado en Sannois o 28 de xullo de 1655, foi un escritor francés. Foi contemporáneo de Molière. Morreu aos 36 anos como consecuencia das feridas que lle causou unha viga ao caerlle encima.
Nome orixinal | (fr) Hercule Savinien Cyrano de Bergerac |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Hercule Savinien de Cyrano c. 6 de marzo de 1619 París, Francia |
Morte | 28 de xullo de 1655 (36 anos) Sannois, Francia |
Educación | Liceo Louis-le-Grand |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, filósofo, escritor de ciencia ficción, escritor, poeta, novelista |
Período de actividade | 1640 - |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сирано де Бержерак Савиньен) Enciclopedia soviética armenia Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Era fillo dun avogado do parlamento e pasou a maior parte da súa infancia en Saint-Forget. Trasladouse a vivir a París e alí discorreu case toda a súa vida.
Logo de retirarse da vida de soldado tras recibir unha ferida durante o sitio de Arras, dedicouse á filosofía facéndose discípulo de Pierre Gassendi.
A influencia da escola materialista percíbese principalmente nas súas obras filosóficas: A Historia Cómica dos Estados e Imperios da Lúa e A Historia Cómica dos Estados e Imperios do Sol, publicadas postumamente nos anos 1657 e 1662 respectivamente.
Na actualidade é máis coñecido pola obra Cyrano de Bergerac de Edmond Rostand, na que se narra unha época da súa vida, que polas súas propias obras. Esta peza foi levada varias veces ao cine, o que deu a coñecer aínda mais a Cyrano.
En galego están traducidas as obras Os Estados e Imperios da Lúa e Os Estados e Imperios do sol por Henrique Harguindey[1] en Rinoceronte Edicións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.