From Wikipedia, the free encyclopedia
Cynthia Erivo, nada en Stockwell o 8 de xaneiro de 1987, é unha actriz, cantante e compositora inglesa.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1987 (37 anos) Stockwell, Reino Unido (en) |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–2010) Universidade de East London La Retraite Roman Catholic Girls' School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | cantante, actriz de cinema, actriz, actriz de teatro |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Rhythm and blues e musical |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Páxina web | cynthiaerivo.net |
|
Erivo naceu de pais nixerianos en Stockwell, no sur de Londres.[1] A súa nai é enfermeira.[2] Erivo comezou un grao en psicoloxía musical na University of East London; con todo, tralo primeiro ano da carreira, presentouse[3] e posteriormente formouse na [Royal Academy of Dramatic Art|Real Academia de Arte Dramática]].[4]
Erivo comezou a actuar nunha produción teatral de 2011 de The Umbrellas of Cherbourg. Obtivo recoñecemento por protagonizar a reestrea en Broadway de The Color Purple[5] de 2015 a 2017, polo que gañou o premio Tony de 2016 á mellor actriz nun musical e o premio Grammy ao mellor álbum de teatro musical. Erivo aventurouse no cinema en 2018, interpretando papeis no filme de atracos Widows[6] e no suspense Bad Times at the El Royale.[7] Pola súa interpretación da abolicionista estadounidense Harriet Tubman no filme biográfico Harriet (2019),[8] Erivo recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz; tamén escribiu e interpretou a canción "Stand Up" na súa banda sonora, o que lle valeu unha candidatura tamén na categoría de mellor canción.[9]
Na televisión, Erivo tivo o seu primeiro papel na serie británica Chewing Gum (2015). Protagonizou a miniserie criminal The Outsider[10] (2020) e recibiu unha candidatura aos premios Emmy pola súa interpretación da cantante estadounidense Aretha Franklin na serie antolóxica de National Geographic Genius: Aretha (2021).[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.