Cuarta República Francesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cuarta República Francesa é o nome que recibe o réxime político francés entre a entrada en vigor da Constitución do 13 de outubro de 1946 e o 4 de outubro de 1958, en gran parte foi continuación da Terceira República Francesa, herdando algúns dos seus problemas como a inestabilidade dos seus gobernos, un total de 21 gabinetes nos doce anos da IV República, na cal predominaron as forzas conservadoras moderadas dos democristiáns, radicais e algúns gaullistas xunto a un forte Partido Comunista Francés e un Partido Socialista que non conseguía atraerse á maioría da esquerda. Algunhas decisións importantes que se tomaron durante a IV República foron a extensión do dereito ao voto ás mulleres, a sinatura do Tratado de Roma, a fin da colonización francesa en Indochina e a constitución dunha forza nuclear francesa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
République française (fr) | |||||
Himno | La Marseillaise | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | París | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1946 | ||||
Disolución | 4 de outubro de 1958 | ||||
Sucedido por | Quinta República Francesa | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da França (pt) , | ||||
Moeda | franco francés | ||||
Fronte á paralización política, no plano económico presentou un alto dinamismo, reconstruíndo o seu aparato produtivo moi rapidamente tras a segunda guerra mundial continuando as políticas que adoptara o goberno de concentración de Charles De Gaulle baseado nunha ampla planificación e na nacionalización das industrias básicas. O crecemento económico continuou ata 1956 cando as guerras coloniais provocaron o escancamento económico.
Unha nova crise gobernamental máis grave cás outras ocorreu o 15 de abril de 1958 coa caída do goberno de Félix Gaillard. A crise rematou o 13 de maio coa investidura de Pierre Pflimlin, partidario dun inmediato alto o fogo co FLN, como novo xefe do gabinete. O exército considerou o nomeamento como unha ultraxe e ese día en Alxer unha multitude de colonos asaltaron a delegación do goberno da cidade e se constituíu un comité de saúde pública encabezado polo xeneral Jacques Massu e apoiado por outros destacados militares, desafiando a autoridade do goberno.
A partir do día 15 o comité reclama a volta de Gaulle, no cal ven o home providencial capaz de encabezar un goberno de salvación nacional. Por mor do temor a unha solución armada a esquerda deu ao seu apoio ao goberno, que se vía así fortalecido mentres os rumores de lanzamento sobre París de miles de paracaidistas. Mentres de Gaulle gardaba negábase a condenar ou apoiar aos sublevados, nunha prudente espera.
O 24 de maio os sublevados en Alxeria ocuparon Córsega e estableceron comités de seguridade pública a semellanza do de Alxer. Mesmo sectores da esquerda comezaron a ver como o mal menor un goberno de de Gaulle que evitara unha confrontación militar.
O 27 de maio de Gaulle anunciou o inicio de conversas para o cambio de goberno e o primeiro ministro dimitiu ao día seguinte.
O 29 de maio o presidente da República René Coty anunciou a súa decisión de chamar a Charles de Gaulle á presidencia do Consello, ameazando con dimitir se a Asemblea Nacional non o investía. O 1 de xuño de 1958 era investido con 329 votos favorables, 224 en contra e 37 abstecións, opuxéronse os comunistas, a metade dos socialistas e a fracción do Partido Radical dirixida por Pierre Mendès-France
O 3 de xuño a Asemblea Nacional e o Consello da República votaban a lei constitucional que anunciaba unha revisión da Constitución da IV República e unha lei que lle daba a de Gaulle plenos poderes por seis meses. O 28 de setembro de 1958 aprobábase en referendo unha nova constitución que instauraba a V República.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.