Cuarta dinastía de Exipto
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cuarta Dinastía do antigo Exipto (IV Dinastía) caracterízase por ser a "idade de ouro" do Imperio Antigo de Exipto. A IV dinastía durou desde c. 2613 ata o 2494 a.C.[1] Foi un momento de paz e prosperidade, durante o cal documéntase comercio con outros países.
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 2613 a. C. | ||
Disolución | 2498 a. C. | ||
Sucedido por | V dinastía exipcia | ||
A Cuarta Dinastía anunciou o inicio da era da construción das pirámides. A relativa paz da Terceira Dinastía permitiu aos gobernantes da IV Dinastía adicarse a actividades máis artísticas e culturais. Os experimentos de construción do faraón Snefru levaron á evolución desde as pirámides de estilo mastaba ata as pirámides “verdadeiras” de cara lisa, como as da meseta de Gizeh. Ningún outro período da historia de Exipto igualou os logros arquitectónicos da IV Dinastía. [2] Cada un dos gobernantes desta dinastía encargaron polo menos unha pirámide para servir como tumba ou cenotafio [Cómpre referencia].
A Cuarta Dinastía foi a segunda de catro dinastías que conformaron o "Imperio Antigo". O rei Snefru, o primeiro faraón da Cuarta Dinastía, ocupou o territorio que vai desde a antiga Libia no oeste ata a península do Sinaí no leste ata a Nubia no sur. Foi un período exitoso e esta época é coñecida polo seu avance e concentración do goberno, como se pode ver na construción organizada de pirámides e outros monumentos.
A comprensión do Imperio Antigo provén principalmente destas estruturas e obxectos descubertos nos cemiterios desérticos de Gizeh.
Nome común | Nome de Horus | Datas | Pirámide | Nomes das esposas |
---|---|---|---|---|
Snefru | Nebma'at | 2613–2589 a.C. | Pirámide vermella Pirámide curvada Pirámide en Meidum | Hetepheres I |
Queops | Medjedu | 2589–2566 a.C. | Gran Pirámide de Gizeh | Meritites I Henutsen |
Djedefre | Kheper | 2566–2558 a.C. ? | Pirámide de Djedefre | Hetepheres II Khentetka |
Quefrén | Userib | 2558–2532 a.C. | Pirámide de Quefrén | Meresankh III Khamerernebty I Hekenuhedjet Persenet |
Micerinos | Kakhet | 2532–2503 a.C. ? | Pirámide de Micerinos | Khamerernebty II |
Shepseskaf | ?? | 2518–2510 a.C. ? | Banco do faraón en Saqqara | Bunefer |
Liña temporal da cuarta dinastía