Queops
From Wikipedia, the free encyclopedia
Queops, Khufu, Cheops ou Kheops (2589 a.C. - 2566 a.C.) foi o segundo monarca da Dinastía IV cuxo nome completo é "Khnum-Kuefui" ("Khnum protéxeme"), fillo de Snefru e coñecido principalmente por ser o construtor da Gran Pirámide de Gizeh. A súa nai foi Heteferes I.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
A única representación que se conserva del é unha pequena estatuíña de marfil representado coa coroa vermella do Baixo Exipto sentado nun trono coa inscrición do seu nome de Horus, atopada por Flinders Petrie no Templo de Khentimentiu en Abidos (conservada no Museo Exipcio do Cairo).