Cromosoma 14
cromosoma humano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cromosoma 14 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas células diploides humanas hai normalmente dúas copias (un par) deste cromosoma, e nas haploides unha. O cromosoma 14 comprende uns 109 millóns de pares de bases (nucleótidos) e supón entre o 3 e o 3,5% do total de ADN da célula [5].
Cromosoma 14 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 14 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 14 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 107,043,718 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 583 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Acrocéntrico[3] (17.2 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 14 |
Entrez | Cromosoma 14 |
NCBI | Cromosoma 14 |
UCSC | Cromosoma 14 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000014 (FASTA) |
GenBank | CM000676 (FASTA) |
Para a identificación do número de xenes nun cromosoma poden utilizarse distintos enfoques, e as cifras totais varían algo segundo o método utilizado, mais o número de xenes estimado que hai no cromosoma 14 é de entre 700 e 1.300 xenes.
Pola posición do seu centrómero, o cromosoma 14 humano é un cromosoma acrocéntrico. O cromosoma 14 humano é un dos que ten organizador nucleolar (NOR), zona onde se encontran xenes repetidos en tándem dos ARNr. Arredor dos organizadores nucleolares orixínanse os nucléolos. Os organizadores nucleolares están na zona da constrición secundaria do cromosoma. A porción situada despois da constrición secundaria denomínase satélite, polo que o 14 é un cromosoma satélite ou cromosoma SAT.