Crenarqueotas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os crenarqueotas ou Crenarchaeota (tamén chamados Crenarchaea, eocitos ou Eocyta) son procariotas que forman un filo (ou reino) do dominio Archaea.[2][3][4][5] Inicialmente, os Crenarchaeota pensábase que eran extremófilas (como os organismos termófilos e psicrófilos) pero estudos recentes identificáronas como as arqueas máis abundantes no medio mariño.[6] Orixinalmente, foron separadas das outras arqueas baseándose nas secuencias do seu ARNr; porén, outras características fisiolóxicos, como a falta de histonas apoiaban esta separación, aínda que se atopou que algunhas especies de crenarqueotas tiñan histonas.[7] Ata hai pouco todas as Crenarchaea cultivadas foran organismos termófilos ou hipertermófilos, algúns dos cales podían crecer a temperaturas de ata 113 °C.[8] Estes organismos son gramnegativos e son morfoloxicamente moi variados, e poden ter forma de bacilo, coco, filamentosa ou poden ser células con formas estrañas.[9]
Crenarqueotas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
A arquea Sulfolobus infectada polo virus STSV-1. | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Clase | |||||||
| |||||||
Sinonimia | |||||||
|