Crack the Skye é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de sludge metal Mastodon, editado o 24 de marzo do 2009 a través do selo Reprise Records. O disco estreouse no número 11 da lista Billboard 200, vendendo 41.000 copias na súa primeira semana. En Australia, o álbum estreouse no número 19. Ata setembro do ano 2010 vendeu só nos Estados Unidos ao redor das 200.000.
Crack the Skye | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Mastodon | ||||
Publicado | 24 de marzo do 2009 | |||
Estudio(s) | Southern Tracks Studios, Atltanta Xeorxia | |||
Duración | 50:06 | |||
Xénero(s) | metal progresivo, sludge metal | |||
Selo(s) | Reprise Records | |||
Producido por | Brendan O'Brien | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Segundo unha entrevista que aparece no DVD The Making of Crack the Skye, este álbum representa o elemento do éter, que está representado polas almas e espíritos de todas as cousas, un tema moi relacionado co contexto do disco. Como os elementos do lume, auga e terra xa foran representados nos primeiros tres álbums da banda, Remission, Leviathan e Blood Mountain, respectivamente, o aire é o único elemento clásico que aínda non foi representado nun traballo de Mastodon.
Crack the Skye foi elixido mellor disco do ano 2009 pola revista Metal Hammer[1]
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Mastodon agás "Crack the Skye" (letras adicionais de Scott Kelly).
- "Oblivion" - 5:47
- "Divinations" - 3:39
- "Quintessence" - 5:27
- "The Czar" - 10:54
- I. "Usurper"
- II. "Escape"
- III. "Martyr"
- IV. "Spiral"
- "Ghost of Karelia" - 5:25
- "Crack the Skye" (con Scott Kelly) - 5:54
- "The Last Baron" - 13:00
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.