Cosmic Egg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cosmic Egg é o segundo álbum de estudio da banda autraliana de hard rock Wolfmother, publicado o 23 de outubro do 2009 a través do selo Modular Recordings. Trátase do primeiro traballo coa segunda formación do grupo, consistente no vocalista, compositor e guitarrista Andrew Stockdale, o baixista e teclista Ian Peres, o guitarrista Aidan Nemeth e o batería Dave Atkins, formada en 2009 despois de que os membros orixinais Chris Ross e Myles Heskett deixasen a banda en agosto de 2008. Tras o seu lanzamento, Cosmic Egg chegou ao número 3 da lista de álbums australiana da ARIA, a mesma posición que o primeiro traballo do grupo. O álbum foi a única edición de estudio en contar coa preseza de Atkins, que abandonaría Wolfmother en abril de 2010 durante a xira de presentación do disco.
Cosmic Egg | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Wolfmother | ||||
Gravación | abril - maio do 2009 | |||
Estudio(s) | Sound City Studios e Sunset Sound Studios Os Ánxeles (California) | |||
Duración | 53:40 | |||
Xénero(s) | heavy metal, hard rock, stoner rock, neopsicodelia, blues rock | |||
Selo(s) | Modular Recordings | |||
Producido por | Alan Moulder | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||