Corte, Córsega
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Corte (en francés, Corte; en corso, Corti), é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Alta Córsega e na rexión de Córsega.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Córsega | ||||
Departamento | Alta Córsega | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.654 (2021) (51,28 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa corso | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921384 Q114361158 | ||||
Superficie | 149,27 km² | ||||
Altitude | 299 m-2.626 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Théophile de Corte (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antoine Sindali (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20250 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 495 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mairie-corte.fr |
Os seus habitantes chámanse, en francés, cortenais, e en corso, curtinesi.
A cidade encóntrase no centro da illa, na confluencia dos ríos Restonica e Tavignano, a 70 km de Bastia e 85 km de Ajaccio. Ten unha estación na liña férrea Bastia-Ajaccio, e é un importante nó de estradas. O val do Tavignano comunícaa coa chaira costeira occidental.
1936 | 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2009 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4.135 | 4.835 | 5.066 | 4.948 | 5.230 | 5.177 | 5.693 | 6.329 | 6.744 | 7.422 |
Ademais da poboación censada, a Universidade de Córsega acolle a 3.800 estudantes.
A aglomeración de Corte limítase ao seu municipio. Este forma parte da Communauté de communes du Centre Corse (Mancomunidade de municipios do Centro de Córsega), que integra a outras sete poboacións, agrupando un total de 8.319 habitantes (censo de 1999).
No referendo sobre a Constitución Europea gañou o non cun 52,03 % dos votos.
Tres listas de esquerda | Lista dos socialistas, comunistas e outros | Rexionalistas | Dúas listas da dereita tradicional |
---|---|---|---|
43,4 % | 4,6 % | 13,1 % | 38,9 % |
Os grupos que conforman o Consello Municipal son:
Segundo o censo de 1999, a distribución da poboación activa por sectores era:
agricultura | industria | construción | servizos |
---|---|---|---|
3,5 % | 7,9 % | 6,8 % | 81,8 % |
Foi capital da Córsega independente, así como residencia de Pasquale Paoli, pai da patria corsa.
Entre 1761 e 1769 foi sede do gobernador da illa.
A súa universidade, fundada en 1765, foi un centro de difusión da Ilustración.
Xosé Bonaparte, que sería rei de España, naceu en Corte en 1768.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.