![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Wakhan.png/640px-Wakhan.png&w=640&q=50)
Corredor de Wakhan
From Wikipedia, the free encyclopedia
O corredor de Wakhan, tamén chamado corredor de Vakhan (en persa: واخان) é un estreito corredor xeográfico localizado na cordilleira do Pamir que conecta Afganistán e a China. Pertence á provincia afgá de Badaghxán e ten fronteira con Taxiquistán, ó norte, e Paquistán, ó sur, ademais de coa China ó leste. O corredor conta con 12 000 habitantes.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Corredor (homónimos).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Wakhan.png/640px-Wakhan.png)
![]() |
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O termo corredor de Wakhan (Wakhan Corridor) emprégase ás veces erradamente para referirse a toda a rexión do Wakhan e tamén en senso contrario e máis restrinxido, para referirse soamente á ruta que discorre ó longo do río Panj e do río Wakhan e que leva até a China; neste caso, a parte norte do Wakhan coñécese como o Pamir afgán (Afghan Pamir).[2]