![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Corona_borealis_constellation_map.png/640px-Corona_borealis_constellation_map.png&w=640&q=50)
Corona Borealis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Corona Borealis ou Coroa Boreal[1] é unha pequena constelación boreal. As súas principais estrelas forman un arco semicircular. Esta é unha das 88 constelacións modernas, e foi tamén unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, quen referiu á constelación coma Coroa. A palabra Borealis foi engadida despois, en contraste coa Corona Australis, a Coroa Austral.
Corona borealis | |
---|---|
![]() | |
Nome latino | Corona Borealis |
Abreviatura | CrB |
Xenitivo | Coronae Borealis |
Simboloxía | A Coroa do Norte |
Ascensión recta | 16 h |
Declinación | +30° |
Área | 179 graos cadrados
Rango 73º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | (α CrB) (Alphecca ou Gemma)
(magnitude ap. 2,2) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −50°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
Non ten estrelas de primeira magnitude. A súa estrela máis brillante, α CrB (Alphecca, tamén coñecida coma Gemma) ten unha magnitude de 2,2 (lixeiramente variable) e é considerada membro difuso da asociación estelar da Ursa Major. A constelación contén moitas estrelas variables interesantes: dúas das máis coñecidas son R Coronae Borealis e T Coronae Borealis.