Corno anterior da medula
From Wikipedia, the free encyclopedia
O corno anterior da medula, tamén chamado columna gris anterior, ou cornu, corno ou trompa ventral ou anterior da medula espiñal [1][2][3]) é cada unha das dúas formacións de substancia gris (ou materia cincenta) da medula espiñal situadas á fronte do canal ependimario[4][5]. É unha das tres columnas grises. O corno anterior da medula contén neuronas motoras que afectan aos músculos esqueléticos mentres que a columna gris posterior recibe información sobre o tacto e a sensación. A columna gris anterior é a columna onde se atopan os corpos celulares das neuronas motoras alfa.