From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos coregoninos (Coregoninae) é unha subfamilia de peixes osteíctios da familia dos salmónidos.[2]
Coregoninos Corégonos Coregoninae Rango fósil: mioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coregonus clupeaformis | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A subfamilia comprende 3 xéneros cunhas 30 especies, a maioría delas pertencentes ao xénero Coregonus, e que son coñecidas co nome de corégonos.
O corpo dos corégonos ten a forma típica dos salmónidos, co corpo alongado, forte, algo comprimido lateralmente, hidrodinámico, coa cabeza pequena, afiada no fociño.
Ao igual que todos os salmónidos teñen unha aleta adiposa no lombo.
A súa coloración é gris clara, branca ou parda.
Teñen sempre menos de 110 escamas ao longo da liña lateral, que é claramente visíbel.
A aleta dorsal está sustentada polo menos por 16 raios; as aletas pelvianas están en posición anterior, e a aleta caudal é gallada ou sensibelmente fendida.[3]
Unhas poucas son autóctonas dos Alpes europeos (Coregonus albula, C. laveratus, C. fera e C. palea) e unha que foi introducida (C. peled). Pero a maioría habitan nas rexións árticas de Asia e Norteamérica.[4]
A súa orixe remóntase ao mioceno, e a súa dispersión produciuse a comezos do cuaternario. A súa diversidade actual é consecuencia do illamento das poboacións durante a última gran glaciación.[1]
Os corégonos son moi sensíbeis á contaminación e sobre todo á eutrofización. Para que unha reintroducción de corégonos teña posibilidade de éxito e de sostibilidade, cómpre que os lagos nos que se introduzan teñan unha superficie maior de 10 km² e que estea libre de eutrofización.
Algunhas especies son propias de augas doces e outras son anádromas, que viven nas costas, en zonas de augas salobres, e remontan os ríos. Todas necesitan augas moi oxixenadas e prefiren as augas frías.
Aliméntanse de plancto e invertebrados, e Stenodus leucichthys de peixes máis pequenos.
Xeralmente desovan en outono ou inverno. O desenvolvemento dos ovos dura de tres a catro meses polo xeral.[3]
A subfamilia inclúe os seguintes tres xéneros:[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.