From Wikipedia, the free encyclopedia
Os nódulos ou nós[1] das cordas vocais[2], nódulo vocal[3] ou cordite tuberosa[3] en patoloxía, son hiperqueratoses do tecido das cordas vocais. É unha lesión sólida e elevada de máis de 1 cm de diámetro. Adoita estar ben delimitado e de orixe epitelial ou conxuntival. Os nódulos distorsionan ou impiden o movemento natural das cordas vocais ao falar ou cantar en voz baixa. Afecta especialmente ao movemento da capa mucosa da corda vocal que produce a voz de falsete.
Nódulo nas cordas vocais | |
---|---|
Nódulo telanxiectásico en corda vocal dereita, visto mediante microlaringoscopia. | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Os nódulos fórmanse por un uso inadecuado ou excesivo da voz (cantar cunha presión subglótica esaxerada, nun ambiente ruidoso, en recentemente nados chorando durante horas, entre outros casos). A medida que se xeran nódulos vocais, o timbre vocal escurece e o cantante perde a capacidade de cantar en piano. Tamén o vibrato cambia con frecuencia da onda complexa á onda de glote.[4]
Os signos clínicos frecuentes do nódulo vocal son a afonía e a disfonía, que impiden a produción de sons vocais 'normais'. Os nódulos vocais son máis comúns en nenos e mulleres maiores de 20 anos.
O tratamento dos nódulos vocais consiste na economía da voz, cambio de técnica vocal e, ás veces, require intervención cirúrxica nas cordas vocais[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.